
O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou en rolda de prensa celebrada unha vez rematado o Consello da Xunta celebrado o día 14 de outubro, a activación dun 4º Plan de rescate cos 134 millóns de euros sobrantes da convocatoria anterior, que recollerá as últimas modificacións introducidas polo Goberno central co obxectivo de que os cartos cheguen a quen máis o precisa.
PROBLEMAS BUROCRÁTICOS
A este respecto, Feijóo explicou que foron os problemas burocráticos derivados dos requisitos impostos polo Goberno no reparto das axudas do 3º Plan de rescate os impediron que esa cantidade fose distribuída. “Se nos fondos da Xunta de Galicia tivemos 80.000 solicitudes, neste fondo soamente levamos 5.912”, abundou.
NOVO PERIODO
IMPUTABLE
No referido a este 4º plan, que inclúe as modificacións efectuadas polo Goberno central, Feijóo subliñou que ampliará ata o 30 de setembro o período para imputar as débedas financiables con estas axudas e establecerá que os fondos se poidan destinar a compensar as perdas contables.
607 MILLÓNS DE EUROS
A Xunta leva mobilizados preto de 607 M€ en axudas directas a diversos sectores moi afectados, como o turismo, a hostalería, e comercio ou o primario.•