O Campo de fútbol da Pinguela estrea a sua iluminación exterior

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, durante ó acendido oficial da iluminación exterior do Campo Municipal de Fútbol da Pinguela e das pistas de atletismo Saleta Fernández. (Foto: GPCM).

Fíxose de rogar a iluminación exterior das instalacións deportivas de A Pinguela, pero é xa unha realidade. O pasado vinte de outubro, coa presenza do Alcalde de Monforte José Tomé procedeuse ao encendido oficial das mesmas, unha vez rematadas as obras promovidas polo concello cunha inversión superior a 60.000 €. A instalación de alumeado exterior ten unha potencia de 12.800 W (16 focos de 800 W c/u) que permite un nivel de iluminación medio de 145 lux. Porque o tema non é para broma, pero non parece que os tempos que corran sean os mellores para consumir moitos kw dado o prezo da luz. En calquera caso, púxose fin a unha longa demanda do mundo do deporte local, sendo de esperar que xunto á recente adquisición dun novo video marcador para o Pabillón de Deportes, e a partida dos presupostos do Estado de 550.000 € á mellora das un tanto desfasadas instalcións deportivas muncipais sexa unha realidade a corto prazo.
Tomé aproveitou para sinalar que “grazas a esta obra de mellora, que permitirá legalizar a instalación, a partir de hoxe xa se poderán disputar partidos de noite, cousa que ata o de agora non era posible, para o disfrute de todos os monfortinos”. Nun tempo en que o PP local demanda inversións en instalacións e legalizacións, parece que o Alcalde súmase á iniciativa.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Gallaecia-AR World Championship 2021 na Ribeira Sacra foi todo un acerto

Seguinte Nova

As eleccións primarias para liderar o PSdeG, chegan ao Sur de Lugo: Gonzalo Caballero e Valentín González Formoso buscan apoios en Monforte e Chantada

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss