O FESTIVAL EIDOS DE OUTONO ENCHERÁ DE MÚSICA O CAUREL, ENTRE OS DÍAS 30 DE OUTUBRO E 1 DE NOVEMBRO

Imaxe do acto de presentación do Festival Eidos do Outono. GCXG.

O pasado 14 de outubro presentouse o festival Eidos de Outono nun acto no que interviñeron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias a alcaldesa do municipio, Lola Castro; o secretario da Fundación Uxio Novoneyra, Uxío Novo; Xaime Casas, director de Eidon Música -promotora do evento-, así como dúas das artistas confirmadas, Uxía e Wöyza. O festival desenvolverase entre os días 30 de outubro e 1 de novembro na Praza do Concello de Folgoso e na sede da Fundación Uxío Novoneyra, en Parada do Courel. Mestura músicas de vangarda, poesía e natureza, e contará coas actuacións citadas de Uxía e Wöyza & The Galician Messengers xunto co grupo Califato 3/4, Rodrigo Cuevas, Babykatze, Sila Lua, Marta Toro e Xabi B. Igualmente, está prevista unha lectura de Os Eidos. O libro do Courel, de Novoneyra, máis un roteiro de avistamento de aves co biólogo Xabier Vázquez Pumariño.
Este evento, é a extensión musical do Festival dos Eidos, que se vén celebrando no verán dende 2015; “esperamos que esta nova proposta se consolide tamén como un referente no ámbito cultural da provincia”, afirmou Arias.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

PRESENTADO «A COMARCA DE CHANTADA NO SÉCULO XVIII», LIBRO GAÑADOR DO XIII CERTAME DE INVESTIGACIÓN CONDADO DE PALLARES

Seguinte Nova

A CASA DA CULTURA DE SARRIA ACOLLEU A ESTREA DO DOCUMENTAL «RESOANDO NO CAMIÑO FRANCÉS»

Ir aInicio

Don't Miss