O Parlamento aproba por unanimidade unha proposta do BNG para delimitar o Camiño de Inverno

A deputada nacionalista, María Albert . GP-BNG..

O Parlamento galego aprobou, de forma unánime, unha proposición non de lei defendida pola deputada nacionalista, María Albert para delimitar o Camiño de Inverno. A proposta do BNG que inclúe unha emenda de engádea do Partido popular, insta á Xunta, “incoar o procedemento de delimitación do trazado do Camiño de Inverno en virtude do artigo 76 da Lei 5/2016 do 4 de maio, de Patrimonio Cultural de Galicia, dando prioridade ás rutas principais que foron recoñecidas previamente”. Asemade, o Goberno galego debe “promover a modificación do Plan Básico Autonómico corrixindo o trazado do Camiño de Inverno aló onde xurdan discordancias co trazado entre o trazado inicialmente previsto e o definido na delimitación definitiva do mesmo”.

UN FREO AO DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
María Albert, considera que a non delimitación do Camiño de Inverno está a frear o desenvolvemento económico das comarcas polas que transcorre. “Hai unha evidente parálise no investimento ante o temor da xente emprendedora a facer investimentos nun trazado que pode ser modificado con posterioridade”.
A deputada mostrou a súa satisfacción polo apoio dos grupos parlamentarios á proposta nacionalista e subliñou que dende o BNG “permaneceremos atentos a que o acordo se cumpra”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Alta ocupación das rutas fluviais da Deputación pola Ribeira Sacra durante a ponte do Pilar e boas perspectivas para Santos

Seguinte Nova

BOAS NOTICIAS PARA O GOLF MONFORTINO: JOSE ÁNGEL PÉREZ REÑONES CAPITANEA A GALICIA PARA ALCANZAR O BRONCE NO CAMPIONATO INTERAUTONÓMICO DE PITCH& PUTT E O CLUB DE GOLF RÍO CABE SERÁ SEDE DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE DOBRES

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss