Pais e nais de alumnos do CEIP Xoán de Requeixo descontentos pola non concesión do horario continuado excepcional

O CEIP Plurilingüe Xoán de Requeixo no curso académico 2020-2021 solicitou que se lle concedera a autorización excepcional por Covid-19 para ter horario continuado, o que lle foi concedid pola Xefatura territorial de Lugo. O protocolo para este curso e similar ao que existía no anterior coa excepción das distancias, que pasanr de 1.5 m a 1.2 metros. Entenden, por tanto, numerosos pais de alumnos, que non cambiaron substancialmente as condicións marcadas no protocolo anti covid-19 para reverter o horario continuado excepcional que se concedeu o pasado ano, pero que con todo agora denégase. Consideran que o centro non pode acadar as medidas que o protocolo manda para o uso do comedor e do recreo. Conta con 18 grupos e 10 colaboradores de comedor. No CEIP Xoan de Requeixo non contan con zonas cubertas para que o alumnado poida respectar as distancias de seguridade, nin os grupos nos dias de choiva. Ante as demandas dos pais e nais de alumnos, Consellería de Educación e Xefatura Territorial en Lugo, non aclaran cal debe ser a administración competente para conceder o horario continuado excepcional . Os pais e náis urxen á Xunta unha solución ás súas demandas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

As eleccións primarias para liderar o PSdeG, chegan ao Sur de Lugo: Gonzalo Caballero e Valentín González Formoso buscan apoios en Monforte e Chantada

Seguinte Nova

A ATENCIÓN A PERSOAS MAIORES DA DEPUTACIÓN DE LUGO E A NOVA LEI DE IMPULSO DEMOGRÁFICO DA XUNTA NA SEMANA EUROPEA DAS REXIÓNS E CIDADES

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

Ir aInicio

Don't Miss