PRESENTADO «A COMARCA DE CHANTADA NO SÉCULO XVIII», LIBRO GAÑADOR DO XIII CERTAME DE INVESTIGACIÓN CONDADO DE PALLARES

Presentouse no auditorio municipal de Chantada o libro «A Comarca de Chantada no século XVIII».
O volume, co que Xosé Méndez Pérez, Tamara González López e Claudio Otero Eiriz se erixiron gañadores do XIII Certame de Investigación Condado de Pallares o pasado 2019, presenta a situación socioeconómica do lugar hai 300 anos e achega conclusións económicas, demográficas e fiscais sobre os tres municipios que conforman a comarca de Chantada. O volume, que reconstrúe en palabras as rúas de Chantada situando na Praza de España, coñecida como O Cantón, o centro de poder, ten por obxecto debullar a realidade da comarca na metade do século XVIII a través das indagacións baseadas no Catastro de Ensenada e na transcrición do interrogatorio das parroquias de Chantada. As conclusións máis afectan á economía, á demografía e ao tipo de fiscalidade que reinaba nos municipios da comarca 300 anos atrás.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Resolto o VII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

Seguinte Nova

O FESTIVAL EIDOS DE OUTONO ENCHERÁ DE MÚSICA O CAUREL, ENTRE OS DÍAS 30 DE OUTUBRO E 1 DE NOVEMBRO

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: