Resolto o VII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

•O obxectivo é promover a solidariedade con iniciativas que dean pulo ao desenvolvemento da bisbarra

Imaxe da reunión da Asociación Semente Monforte, na presentación dos proxectos gañadores . FOTO Semente Ribeira Sacra.

O que fai xa sete anos, en 2014, xurdiu como unha iniciativa para que se investise na comunidade parte da choiva de millóns que deixou o premio da lotería de Reyes, consolidouse, grazas ao traballo dos seus promotores, e á colaboración con institucións como o IGAPE, as tres universidades galegas e diversos patrocinadores privados, para chegar á sétima edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente, que agora acaba de resolverse e no que o xurado decidiu outorgar os seguintes premios:
• 1º: Insectos Galicia. Un proceso de economía circular para poñer en valor o rural con proteínas e abonos sostibles e ecolóxicos. 12.000€.
• 2º: Circular Forest. Produción de cogomelos en biomasa forestal. Lepista nuda en follaxe de castiñeiros, Shiitake en tocóns de eucalipto, Sparassis en pinos. Transfromación de cogomelos de alto valor comercial. 8.000€.
• 3º: Castro Art Village. Uhna institución cultural, un campus artístico internacional de organización holística. Proxecto de arte, cultura, benestar e innovación situado na aldea abandonada do Castro, unha ubicación idílica nun miradoiro natural. 5.000€.
A Asociación Semente Monforte destacou a altísima calidade dos proxectos presentados e o talento como emprendedores. e agradeceu a colaboración das empresas: Universal, R cable e telecomunicacións, Dimaga, Sicyme, ct.galega, Autocares Sánchez, Daveiga, Estrella Galicia, Gadis, Inveravante e Rectoral de Amandi.•

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, destaca o compromiso coa sustentabilidade das iniciativas presentadas aos premios Semente

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou en Monforte na entrega dos VII Premios Semente da Ribeira Sacra. GPXG.

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, asistiu en Monforte de Lemos á VII edición dos Premios Semente da Ribeira Sacra, onde quixo agradecer ás iniciativas empresariais presentadas o seu compromiso coa sustentabilidade e a súa ilusión por emprender.
Conde indicou que, como xa ocorreu nas seis edicións anteriores, tanto nos proxectos finalistas como nos tres gañadores, a innovación volveu ser a protagonista á hora de pensar no desenvolvemento do medio rural e poñer en valor os seus recursos a través de propostas de economía circular; tecnoloxía aplicada ao sector primario —forestal ou vitivinícola, en particular—; ou vencelladas á cultura e o turismo sostible.
Facendo referencia á recente declaración da Ribeira Sacra como a sétima reserva da biosfera de Galicia, Conde salientou o afán das iniciativas presentadas por enxalzar e protexer este espazo natural e os seus sectores tradicionais, deixando de manifesto a súa aposta pola sustentabilidade e o seu compromiso co medio ambiente.
Conde quixo agradecer á asociación Semente de Monforte o seu labor de mecenado para que poidan ver a luz iniciativas que apostan pola economía sostible na zona. Así, resaltou o potencial dunha provincia como a de Lugo, onde se constituíron 290 proxectos empresariais nos nove primeiros meses do ano –un 20% máis que no mesmo período de 2020–, polo que asegurou que estes premios veñen a constatar que “Galicia, Lugo e A Ribeira Sacra teñen canteira e dispoñen do mellor talento” para seguir facendo futuro. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Atención en Saúde Mental para todos: fagámola realidade

Seguinte Nova

PRESENTADO «A COMARCA DE CHANTADA NO SÉCULO XVIII», LIBRO GAÑADOR DO XIII CERTAME DE INVESTIGACIÓN CONDADO DE PALLARES

Últimas noticias sobre EMPRENDEMENTO

Ir aInicio

Don't Miss