Continúa o conflito aberto no seo do CRDO Ribeira Sacra. Ata a data, a presidencia do Consello fixo oidos xordos á solicitude presentada o 13 de abril de 2021 para que convocase un pleno extraordinario para debater e votar unha moción de censura. Requiríuselle mesmo notarialmente e a propia Consellería do Medio Rural, instoulle a convocar o devandito pleno o máis axiña posible. Con todo, e dado segue sen haber resposta a dita petición, ata sete vocais do CRDO Ribeira Sacra, José Evaristo Rodríguez, Manuel Primitivo Lareu, César Enríquez, Pedro Manuel Rodríguez, Roberto Regal, Rogelio Díaz e Juan Carlos Varela, que conforman maioría dos vogais do pleno, veñen de presentar ante a Valedora do Pobo unha solicitude para que se adopten as medidas que permitan garantir o funcionamento democrático do CRDO, e que adapte as súas actuacións á legalidade vixente en canto á convocatoria dun pleno extraordinario para tratar a votación da moción de censura presentada.•