Fotografías Pili Chaos
• GONZALO L. TORRES.
Bexán é só silencio, esquecemento, pasado. Unha aldea no corazón da Galicia profunda, que sí existe ou polo menos existiu. Eu coñecina, vivina. Non a soñei, nin imaxinei e supoño que viaxará comigo mentres teña memoria. Pero a memoria tamén se perde. En Bexán xa non queda ninguén para lembrar. Ninguén vivo. Pero a Asociación Cultural Artística Sacra Art decidiu que as pantasmas nos mostren a súa cara, quenes alí foron, sentiron, viviron e morreron. Para imaxinalos, noutro tempo, noutra vida, que dicía a canción.•