A ENTREGA DE MÁIS DE 170.000 COMPOSTELAS NO QUE VAI DE ANO AUGURA UN BO XACOBEO 2022

Entrega, a mediados de outubro, da compostela número 150.000 deste ano á peregrina francesa Marie Boileau. GPXG

• Redacción – MONFORTE. O pasado 9 de novembro, superouse a cifra de 170.000 compostelas entregadas este mesmo ano. Así o comunicou no Parlamento galego o vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, que destacou a importancia desta cifra como confirmación da reactivación do Camiño de Santiago como destino seguro. Na súa intervención, Ruede puxo de manifesto que esta afluencia de visitantes fai pensar nun «Xacobeo pleno» en 2022.

GALICIA, ENTRE AS PRIMEIRAS COMUNIDADES EN RECUPERAR TURISTAS
Rueda fixo referencia tamén aos datos globais de turismo, que nos primeiros nove meses do ano sitúan a Galicia no grupo de cabeza das comunidades autónomas en canto á recuperación da demanda turística. Así, ata finais de setembro, a nosa comunidade sumou máis de 3,2 millóns de viaxeiros e 7,1 millóns de noites rexistradas.

AS AXUDAS AO SECTOR, O IMPULSO DO TURISMO SOSTIBLE E DO XACOBEO, CLAVES NA RECUPERACIÓN
O vicepresidente primeiro aludiu tamén á importancia que nesta recuperación tiveron as axudas autonómicas ao sector, a aposta galega polo turismo sostible, e o pulo do Xacobeo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O CONCELLO DE BÓVEDA INICIOU OS TRABALLOS DE REHABILITACIÓN DO MUÍÑO DOS FERNÁNDEZ

Seguinte Nova

A portavoz do PP de Monforte, Katy Varela, considera que “a eliminación das variantes entre Lugo e Ourense por parte do Goberno supón deixar a Lugo sen Alta Velocidade”

Últimas noticias sobre TURISMO

A %d blogueros les gusta esto: