A portavoz do PP de Monforte, Katy Varela, considera que “a eliminación das variantes entre Lugo e Ourense por parte do Goberno supón deixar a Lugo sen Alta Velocidade”

A portavoz do PP de Monforte, Katy Varela, mostrouse moi crítica coa rolda de prensa dada en Monforte polo alcalde e o delegado do Goberno en Galicia. GCPP.

• Redacción- MONFORTE. O Grupo Municipal Popular mostrouse moi crítico coa rolda de prensa dada polo alcalde e o delegado do Goberno en Galicia, pois “eles saben que a eliminación das variantes entre Lugo e Ourense supón deixar á provincia sen Alta Velocidade”. Por este motivo, Katy Varela criticou «o atrevemento do Sr. Tomé e o Sr. Miñones de presumir en Monforte de inversións ferroviarias”. Katy Varela convidou ao rexedor socialista “a facer unha reflexión profunda” e aproveitar o período de emendas para esixir ao Executivo central que inclúa estes enlaces nos presupostos e reparar así unha decisión «que é un ataque frontal ás comunicacións ferroviarias na provincia”.
Para Varela, “sería unha oportunidade para que o alcalde demostre que de verdade ten peso político dentro da súa formación e que non só se move por intereses individuais”. Neste senso, Varela criticou que os dous responsables socialistas se “vanagloriasen dun gran investimento, cando, en realidade, corresponde a obras xa comprometidas e que sufriu un recorte brutal ao eliminar a execución das variantes”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A ENTREGA DE MÁIS DE 170.000 COMPOSTELAS NO QUE VAI DE ANO AUGURA UN BO XACOBEO 2022

Seguinte Nova

A Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril celebra o seu 25 aniversario

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss