• Redacción- MONFORTE. A finais do mes pasado, a Xunta completou a adxudicación dun total de 15 parcelas na provincia de Lugo, repartidas en catro polígonos industriais baixo a titularidade do Instituto Galego da Vivenda e o Solo (IGVS). Na segunda fase do parque empresarial de Bóveda, adxudicáronse dúas parcelas, que suman 1.502 metros cadrados, por un importe de 16.268 euros, e unha bonificación de 16.263,96 euros.
No conxunto da provincia, a superficie empresarial adxudicada supón un total de 14.874 metros cadrados, cunha bonificación global de 335.000 euros. O polígono con máis superficie adxudicada desta volta foi o de Taboada, con sete parcelas na primeira fase, e unha bonificación de 239.757 euros.
Así mesmo, rexistráronse cinco parcelas na segunda fase do polígono de Quiroga, cunha bonificación de 76.875,50 euros, o 100% do seu prezo. Por último no parque de Xermade adxudicouse unha parcela, bonificada con 22.447,25 euros. •
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
A industria pesqueira galega expándese con éxito en feiras internacionais As empresas galegas do sector pesqueiro
A apertura do polo de Sarria responde a uns dos compromisos adquiridos polo presidente da Xunta,
Grazas ás campañas de promoción e a participación en feiras internacionais, os produtos pesqueiros galegos baten
A feira, que impulsa a Deputación xunto a FADEMUR e Unións Agrarias, exhibe os produtos de
A Asociación de Criadores da Raza Porco Celta celebra o seu 25 aniversario, e reafirma o