A Xunta contempla unha nova liña de axudas para fomentar as plantacións de castiñeiros

Fomentaranse as plantacións de castiñeiros e a recuperación de soutos tradicionais. (Foto: RAFAEL SILVA).

Os orzamentos da Xunta contemplan unha nova liña de axudas que destinará 4,5 millóns de euros a fomentar as plantacións de castiñeiros e a recuperación de soutos tradicionais. Así o destacou o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, que apuntou que a 1ª revisión do Plan Forestal de Galicia 2021-2040 establece a creación de novas superficies de soutos para a produción de castaña, dende as 3.500 hectáreas no primeiro quinquenio ata un total de 8.000 en 20 anos, apostando por novas superficies de soutos para a produción de madeira, con 2.000 hectáreas ata o 2025 e 8.000 no horizonte do 2040.
De cara ao 2025, tamén se contempla ter elaborado o Plan estratéxico do castiñeiro de Galicia. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Nova liña de axudas para a rehabilitación enerxética de vivendas, que poderá cubrir ata o 100% do custo das actuacións subvencionables

Seguinte Nova

Presentada a Oficina Agraria Móbil, un servizo pioneiro de proximidade para facilitar a xestión de trámites no rural

Últimas noticias sobre AXUDAS

Ir aInicio