ADIF adxudica o tratamento de plataformas e cruces na estación de Monforte

Imaxe virtual do proxecto de remodelación das plataformas e pasos subterráneos da Estación de Monforte. Foto ADIF.

• Redacción- MONFORTE. ADIF aprobou a adxudicación, por importe de 3.021.171,45 euros co IVE incluído, dun contrato para o tratamento de plataformas e cruces na estación de Monforte de Lemos.
Os traballos forman parte dos proxectos de modernización do corredor ferroviario Ourense-Monforte de Lemos-Lugo e perseguen como dobre finalidade a melllora do estado da infraestrutura e o aumento da fiabilidade das liñas e a calidade do servizo.
Segundo explicaron os responsables estatais, estes labores contribúen ao desenvolvemento de obxectivos fundamentais de Adif, como son a seguridade das circulacións ferroviarias e dos viaxeiros, o tránsito e acceso universal dos usuarios e a integración das estacións no ámbito urbano, fomentando a cohesión social dunha maneira sostible. Os traballos, adxudicados á UTE formada por Petrolam Infraestruturas e Arias Infraestruturas, servirán para adaptar os elementos obxecto deste contrato ás novas condicións de explotación que traerán consigo as actuacións de mellora previstas neste tramo.
O proxecto define as actuacións necesarias en plataformas, pasos inferiores e outros elementos da estación de Monforte de Lemos. O obxectivo é adecuar a estación aos requirimentos técnicos, de interoperabilidade e de accesibilidade para Persoas con Movilidad Reducida que marca a normativa en vigor, en especial no relativo aos cruces de vías entre plataformas para viaxeiros, mellorando as condicións de explotación da liña e potenciando a competitividade da rede ferroviaria galega.
As actuacións obxecto deste contrato inclúen a prolongación da zona recrecida a 68 cm sobre cota de carril nas plataformas 2 e 3 e prolongación da plataforma 1, así como a execución dun novo paso inferior accesible entre plataformas, dotado de ascensores e escaleiras fixas, incluíndo novos tramos de marquesiña sobre as embocaduras e os castilletes de ascensor. Tamén está integrado no proxecto a demolición parcial dos tramos de marquesiñas existentes no extremo ao lado Ourense das plataformas 2 e 3, o traslado do paso a nivel dedicado a mantemento existente entre as plataformas 1 e 2, lado Ourense, ata o final da nova rampla de extremo da plataforma 1, e a demolición completa do edificio de peirao de carga situado a continuación do edificio de viaxeiros.
Así mesmo, as tarefas completaranse coa renovación completa da instalación de iluminación e da instalación de megafonía, e do tramo de colector de saneamento.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Bóveda xa dispón dun vehículo con distintivo ambiental eco para uso municipal

Seguinte Nova

A Xunta adxudicou dúas parcelas bonificadas no polígono de Bóveda

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: