BOA EVOLUCIÓN DO SECTOR VITIVINÍCOLA GALEGO TRALA EMERXENCIA SANITARIA

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos . GPXG

• Redacción – MONFORTE. A Xunta destacou a boa evolución do sector vitivinícola galego trala emerxencia sanitaria por mor da covid-19. Así o destacou o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, na súa intervención na comisión 7ª do Parlamento galego, na que celebrou a abondosa colleita deste ano. Con 73.620.544 quilos de uva de boa calidade recollidos, foi a máis numerosa do último decenio e a segunda máis cuantiosa da historia, despois da de 2011.
Na liña deses bos resultados, segundo o director, apenas se presentaron solicitudes para acceder ao préstamo vendima habilitado pola Xunta para que as adegas galegas puidesen mercar a totalidade da uva en condicións normais de mercado. En concreto, houbo tan só 25 solicitudes para 3,1 millóns de euros. No marco da colleita deste ano, Cabarcos quixo lembrar tamén o traballo realizado para asegurar e preservar a calidade dos viños das Denominacións de Orixe galegas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

VINIGALICIA CONSEGUE POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO DOUS INDICADORES ARDÁN Á EMPRESA GLOBAL E Á EMPRESA INNOVADORA

Seguinte Nova

As orixes da Ribeira Sacra centraron os traballos na escavación arqueolóxica de Preguntoiro, en Pantón

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss