• Redacción – MONFORTE. A Xunta destacou a boa evolución do sector vitivinícola galego trala emerxencia sanitaria por mor da covid-19. Así o destacou o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, na súa intervención na comisión 7ª do Parlamento galego, na que celebrou a abondosa colleita deste ano. Con 73.620.544 quilos de uva de boa calidade recollidos, foi a máis numerosa do último decenio e a segunda máis cuantiosa da historia, despois da de 2011.
Na liña deses bos resultados, segundo o director, apenas se presentaron solicitudes para acceder ao préstamo vendima habilitado pola Xunta para que as adegas galegas puidesen mercar a totalidade da uva en condicións normais de mercado. En concreto, houbo tan só 25 solicitudes para 3,1 millóns de euros. No marco da colleita deste ano, Cabarcos quixo lembrar tamén o traballo realizado para asegurar e preservar a calidade dos viños das Denominacións de Orixe galegas.•
Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO
A primeira fin de semana de maio chegará con todo o esplendor da enoloxía ás históricas
O Concello de Sober acolleu a pasada semana o evento máis esperado do ano, a XLIV
O sector vitivinícola galego recibe un impulso significativo co anuncio da publicación, a pasada semana no
A Feira do Viño de Chantada foi un auténtico éxito, moita animación, caras coñecidas, boa organización