Concello de Bóveda vén de recibir da Xunta un novo vehículo para o equipamento municipal. Trátase dun automóbil con distintivo ambiental eco, que foi financiado cunha axuda de case 28.000 euros ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental. Segundo explicaron os responsables autonómicos, o vehículo dispón de dúas prazas, motor eléctrico de 100 kW/ e batería 75 kWh, cunha potencia máxima 136 cv, cambio automático e gancho. Este vehículo empregarase para trasladar cargas e materiais das distintas actividades municipais, ao tempo que se reducen a emisión de gases de efecto invernadoiro, reducindo a contaminación do medio ambiente e aportando un importante aforro enerxético e económico no seu mantemento.
A entrega do vehículo tivo lugar en Bóveda a comezos de mes, coa presenza da directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto. •