En marcha os traballos de mellora no camiño municipal de O Carballo, en Piñeira

Imaxe das actuacións que se están levando a cabo no camiño municipal da parroquia de Piñeira.
Foto GCCM.

• Redacción- MONFORTE. Xa comenzaron os traballos dunha nova actuación de mellora en vías de titularidade municipal, neste caso no eido rural, concretamente no camiño municipal de O Carballo, na parroquia de Piñeira. Cun orzamento de algo máis de 43.000 euros, os traballos de mellora do firme desta vía, nun tramo de case un quilómetro, están sendo executados pola empresa Ovisa. “Esta nova actuación na rede viaria municipal enmárcase dentro dos 10 proxectos de mellora que dimos a coñecer o pasado mes de xuño e que significan obras en rúas, vías e camiños de titularidade municipal, tanto do eido urbano como rural de Monforte, e que alcanzan, en total, o medio millón de euros”, recordou o Alcalde José Tomé.

ACTUACIÓNS NA PARROQUIA DE PIÑEIRA
Anteriormente, o Concello acometeu outra actuación na parroquia de Piñeira, a mellora do camiño municipal en A Barxela, cunha inversión de 21.199,51 euros. E nas vindeiras semanas comezará a terceira das actuacións previstas, a mellora do camiño municipal situado na zona de As Bodegas, entre a igrexa e o local social, que leva asignada unha inversión de 21.031,27 euros. En total, na parroquia de Piñeira a inversión alcanza os 85.933,48 euros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta adxudicou dúas parcelas bonificadas no polígono de Bóveda

Seguinte Nova

Galicia, pioneira en España na gratuidade das escolas infantís

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: