ESPECIAL XANTAR: A provincia de Lugo amosa a súa riqueza gastronómica e turística en Xantar

•A Deputación de Lugo contou cunha caseta para promocionar a variedade de produtos da provincia e os seus recursos turísticos

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou na inauguración do 22º Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar 2021. GPDL.

• Redacción- MONFORTE. A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou na inauguración do 22º Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar 2021.

RECURSOS
ENOGASTRONÓMICOS
A Deputación de Lugo contou cun expositor para a promoción dos recursos enogastronómicos e turísticos da provincia de Lugo, achegándose a un público maior e dando a coñecer o patrimonio dos 67 concellos da provincia.
Xantar é unha feira gastronómica organizada por Expourense, que ten lugar na capital ourensá, para promover a calidade da gastronomía e o turismo sustentable e saudable na comunidade galega. O evento reuniu a empresas de restauración, produtores e entidades públicas e privadas, tanto nacionais como internacionais.
García Porto animou a todas as persoas que visitaron a feira a “achegarse ao stand da provincia de Lugo e descubrir todas as alternativas que ofrece o noso territorio, onde se pode escoller entre multitude de alternativas como o turismo cultural, gastronómico, de costa ou de natureza”.

DÍA ADICADO A LUGO EN XANTAR
O día 6 de novembro adicouse á provincia de Lugo, cunha demostración culinaria en directo a cargo da Asociación de Cociñeiros de Lugo.
A presenza nesta cita enmárcase na participación da Deputación lucense en diferentes eventos nacionais para a promoción dos recursos turísticos da provincia como Fitur, a Feira Internacional de Enoturismo, Turexpo ou, Fairway. •

Sober amosou os seus atractivos gastronómicos cun stand propio na feira Xantar de Expourense

• Redacción- MONFORTE. Un ano máis, o Concello de Sober mantivo un stand propio na feira Xantar, celebrada en Expourense do 3 ao 7 de novembro. A edición número 22 do Salón Internacional de Turismo Gastronómico que acolleu a cidade das Burgas serviu para dar a coñecer a miles de visitantes a oferta turística de Sober como destino próximo, completo e único, grazas á paisaxe, o viño, a olería de Gundivós e a calidade dos seus establecementos. No stand ofreceuse unha degustación de viño de Amandi e rosca de Sober.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

PSdeG e PP enceréllanse pola paralización do Porto Seco: O PSdeG acusa á Xunta de orzamentar os mesmos 750.000€ sen executar desde 2014

Seguinte Nova

Bóveda xa dispón dun vehículo con distintivo ambiental eco para uso municipal

Últimas noticias sobre PORTADA

Ir aInicio

Don't Miss