ÉXITO DE FAIRWAY, O ÚNICO FORO DE PROFESIONAIS DO CAMIÑO DE SANTIAGO

O primeiro congreso con feira temática sobre o fenómeno xacobeo a nivel internacional amplía horizontes no sector turístico. FAIRWAY.

• Redacción – MONFORTE. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asistiu á inauguración da cuarta edición do Fórum do Camiño de Santiago FairWay, a feira especializada nos mercados que se moven ao redor das rutas xacobeas e que se celebrou no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia coincidindo coa celebración do Xacobeo.
Nava Castro subliñou que o encontro é “un gran escaparate internacional” para captar peregrinos e turistas coincidindo co Ano Santo, e que axudará a reactivar o sector polas posibilidades de negocio que ofrecen as 2.000 reunións previstas. Ademais do expositores de carácter nacional e internacional, o encontro acollerá mesas de traballo, foros especializados e actividades complementarias. Na feira estarán representadas todas as comunidades autónomas polas que atravesa o Camiño.•

A DEPUTACIÓN PRESENTOU OS ITINERARIOS XACOBEOS POLA PROVINCIA DE LUGO NO FAIRWAY

Expositor da Deputación de Lugo na feira de turismo adicada ao Camiño de Santiago no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia. GPDL.

• Redacción – MONFORTE. A Deputación de Lugo participou no Fairway que se celebrou este mes no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela.
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, asistiu á inauguración desta cita adicada ao Camiño de Santiago na que a institución provincial contou cun expositor informativo. A provincia de Lugo integra no seu territorio un total de tres itinerarios xacobeos oficiais declarados Patrimonio Mundial da Humanidade: o Camiño do Norte, o Camiño Primitivo e o Camiño Francés, ademais do Camiño de Inverno.
García Porto destacou a importancia de estar presentes nesta cita, xa que “30 dos 67 concellos lucenses, case a metade do territorio, está atravesado por algunha das 4 rutas xacobeas”.
A Deputada sinalou que esta feira servirá “de punto de encontro entre axentes, institucións, empresas e demais profesionais ligados ao Camiños de Santiago”. Porto sinalou que “as rutas constitúen un importante impulso económico e cultural para a provincia, especialmente nun ano no que traballamos por un turismo sostible, de calidade, non masificado e de proximidade para axudar na recuperación fronte a crise sanitaria”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Presentado na Exfilna Lugo 2021 un selo dedicado ao monfortino don Pedro Fernández de Castro Andrade e Portugal, VII Conde de Lemos

Seguinte Nova

37 millóns de euros para fomentar as enerxías renovables entre familias, pemes, autónomos e administracións públicas

Últimas noticias sobre PORTADA

Ir aInicio