Galicia, pioneira en España na gratuidade das escolas infantís

A Xunta continúa a tendencia iniciada en abril de 2020, cando estableceu a gratuidade deste servizo para segundos e sucesivos fillos

A gratuidade das escolas infantís que propón a Xunta esténdese a todo tipo de unidades, independentemente da súa titularidade.

• Redacción- MONFORTE. A atención á infancia e a conciliación son eixos prioritarios de actuación da Xunta, por iso Galicia leva anos sendo pioneira nesta materia poñendo en marcha medidas que están a ser moi ben recibidas. Unha destas iniciativas foi a gratuidade para segundos fillos e seguintes que se puxo en marcha en abril de 2020 e que beneficia xa en cada curso a unhas 10.000 familias con fillos de 0 a 3 anos.

A XUNTA CRITICA A FALTA DE IMPLICACIÓN DO GOBERNO CENTRAL NO COFINANCIAMENTO DO SERVIZO
Malia os reiterados intentos por parte do Goberno galego para que o Executivo central se implicase no cofinanciamento da gratuidade das escolas infantís tamén para os primeiros fillos, e non só para os segundos e sucesivos, non obtivo resposta.
Tendo en conta as dificultades que están a atravesar moitas familias por mor da crise económica derivada da sanitaria, e o reto demográfico ao que se enfronta todo o país, a Xunta de Galicia decidiu dar un novo paso adiante e asumir en solitario a gratuidade de todas as escolas infantís de Galicia para o curso 2021-2022.

GALICIA, PIONEIRA NESTA GRATUIDADE, QUE BENEFICIARÁ A MÁIS DE 20.000 FAMILIAS
Dende a Xunta destacaron que esta medida supón un investimento de 30 millóns de euros ao ano, para beneficiar a máis de 20.000 familias galegas. Esta decisión sitúa a Galicia na vangarda de España, ao poñer en marcha unha medida que non existe en ningún outra comunidade do Estado.
A medida aplícase ao servizo de educación infantil, é dicir, a actividade realizada dentro da aula en horario ordinario. Polo tanto, quedan fóra desta gratuidade os servizos complementarios que poden ofrecer as escolas infantís, como o comedor ou o transporte, entre outros.

OS CONCELLOS DEBEN ESTAR AO DÍA NOS PAGOS AO CONSORCIO GALEGO DE BENESTAR
Todas as escolas de educación infantil de Galicia poderán adherirse a esta medida, calquera que sexa a súa titularidade. O único requisito esixido pola Xunta é que o Concello debe estar ao día nos pagos ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.•

OBXECTIVO: AXUDAR ÁS FAMILIAS A CONCILIAR E AFRONTAR O RETO DEMOGRÁFICO

As medidas da Xunta ofrecen gratuidade nas escolas infantís dende o primeiro fillo.

•A gratuidade das escolas infantís de Galicia para este curso permitirá a todas as familias galegas, independientemente do número de fillos e da renda que teñan, aforrar na matrícula e nos gastos de atención educativa. Esta medida está en marcha xa este curso escolar en todas as escolas infantís de Galicia para segundos fillos e sucesivos. De cara ao vindeiro curso, a gratuidade ampliarase tamén aos primoxénitos.•

COMO ACCEDER Á GRATUIDADE NAS ESCOLAS INFANTÍS

Non é preciso solicitala (a escola infantil na que se matricula aos fillos aplica directamente o desconto do 100%)

A Xunta aboa o custo do servizo ao centro se non fose de titularidade pública

A gratuidade non abrangue servizos complementarios, como transporte ou comedor

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

En marcha os traballos de mellora no camiño municipal de O Carballo, en Piñeira

Seguinte Nova

●●● A vida na aldea de Bexán (O Saviñao) só está nas fotografías

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

Ir aInicio

Don't Miss