O Club Natación Monforte desprazouse ata Ponteareas para disputar o XXII Trofeo Amizade

O equipo do Club Natación Monforte composto por catro mozos e 11 mozas. FOTO CNM.

• Redacción- MONFORTE. O Club Natación Monforte desprazouse ata Ponteareas para disputar o XXII Troefo Amizade cun equipo composto por catro mozos e 11 mozas. O trofeo celebrouse en piscina de 25 metros, no que os nadadores monfortinos rebaixaron na súa maioría os seus mellores tempos e referendaron marcas mínimas para a participación nos galegos tanto de inverno como de verán. Cabe destacar a actuación do nadador Ismael Pérez Terra que obtivo 2 medallas, de prata en 100 estilos e de bronce en 50 costas. A próxima competición á que o CN Monforte acudirá será a primeira xornada de Liga de clubs en Riveira o sábado 13 de Novembro. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Val de Lemos arrinca as competicións con cinco equipos

Seguinte Nova

Presentado na Exfilna Lugo 2021 un selo dedicado ao monfortino don Pedro Fernández de Castro Andrade e Portugal, VII Conde de Lemos

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: