
• Redacción – MONFORTE. Xa están en marcha os traballos para rehabilitar o Muíño dos Fernández, no municipio de Bóveda. Esta actuación está a cargo do Concello, co apoio dunha axuda económica de Agader. As obras forman parte do proxecto de recuperación do conxunto etnográfico do Souto, que inclúe tamén a restauración da ponte sobre o río Mao e o Camiño do Souto.
O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, salientou que esta rehabilitación integral na zona «pretende poñer en valor todos estes elementos», ao tempo que «se recupera esta contorna privilexiada para o uso público». •