O Museo do Ferrocarril de Galicia repón as vías da histórica rotonda ferroviaria

Imaxe dos traballos de reposición de vías da rotonda do Museo do Ferrocarril de Galicia, levados a cabo por persoal propio do Museo. MUFERGA.

• Redacción- MONFORTE. Dentro do Plan de Actuación do Padroado da Fundación de Ferrocarrís de Galicia aprobado o pasado ano, atopábase a actuación encamiñada a restablecer a dobre vía histórica de entrada e saída ferroviaria á rotonda. A pandemia atrasou os traballos, ao estar prevista a súa finalización antes do pasado verán, pero finalmente puido levarse a cabo dentro do exercicio 2021. Repuxéronse vías por parellas montadas de 19 metros con carril de 45 e travesas tipo RS, ademais de instalar dous desvíos de accionamento manual, con substitucións dalgúns tramos de vía con travesas de madeira dos anos 40 que se atopaban en moi mal estado.
Todos os traballos foron realizados por persoal do propio Museo, co apoio de dous guindastres de 80 toneladas, a 703 mecánica do propio Muferga, e puntualmente cunha de tipo hidráulico.

PATRIMONIO
FERROVIARIO
A rotonda que se mantén aínda operativa, xunto coas naves anexas, está incluída no Catálogo da Unión Europea como Conxunto Destacado do Patrimonio Industrial Ferroviario. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

37 millóns de euros para fomentar as enerxías renovables entre familias, pemes, autónomos e administracións públicas

Seguinte Nova

Segue a bo ritmo a campaña de vacinación contra a gripe en Galicia

Últimas noticias sobre PORTADA

Ir aInicio

Don't Miss