O pintor Pablo Galego inaugurou no Círculo Saviñao a súa primeira exposición en solitario

A exposición «Obra reciente», de Pablo Galego, está aberta no Círculo Saviñao de Escairón ata o 5 de decembro. CS

O Círculo Saviñao amosa ata o 5 de decembro a primeira exposición en solitario do pintor Pablo Galego. Baixo o título «Obra reciente», o artista volve á asociación cultural-recreativa de Escairón logo de participar en varias edicións da mostra colectiva «Catro médicos pola Ribeira Sacra». Así mesmo, Galego tamén formou parte da exposición organizada polos Amigos do Círculo Saviñao coa Asociación de Amizade Galego Portuguesa.
As obras que se poden ver no Círculo Saviñao estiveron anteriormente expostas no Colexio de Médicos da Coruña, nunha mostra benéfica.
O doutor Galego Feal exerce na actualidade na unidade de Coidados Paliativos de Santiago de Compostela, despois dunha etapa de varios anos dentro do equipo de xestión do Sergas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Presentada a Oficina Agraria Móbil, un servizo pioneiro de proximidade para facilitar a xestión de trámites no rural

Seguinte Nova

Charla literaria e ciclo de cine na Escola de Idiomas de Monforte

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss