O Val de Lemos arrinca as competicións con cinco equipos

• Redacción- MONFORTE. Na comarca de Lemos, o fútbol no ámbito masculino, e o voley no feminino acaparan boa parte dos mozos dedicados á actividade deportiva federada. E con todo, aí segue o Val de Lemos, organización exemplar que pelexa cada día por dar a oportunidade de practicar este deporte a nivel competitivo, e desta forma manter a esperanza de que o baloncesto recupere o esplendor que hai anos tivo, cun Club Fluvial que competía na máxima categoría autonómica xunto a equipos como o Santo Domingo de Betanzos, agora un clásico de Liga Eba. E por que non soñar con volver ver as pachangas cada verán, poboadas por decenas de mozos e veteranos, cuxa rivalidade na pista enchía de animación e colorido o Club Fluvial. O Val de Lemos saca a competición cinco equipos. Os benxamines e infantís gañaron o seu primeiro encontro, mentres que os equipos alevín, junior e senior perderon o seu primeiro partido. En todo caso, o seu éxito é saír a competir, e manter o baloncesto vivo en Monforte.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril celebra o seu 25 aniversario

Seguinte Nova

O Club Natación Monforte desprazouse ata Ponteareas para disputar o XXII Trofeo Amizade

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: