Presentada a Oficina Agraria Móbil, un servizo pioneiro de proximidade para facilitar a xestión de trámites no rural

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, durante o acto de presentación da Oficina Agraria Móbil. GPXG

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, presentou a Oficina Agraria Móbil, un servizo de proximidade para facilitar a xestión de trámites no rural.
Con esta iniciativa, Feijóo subliñou que a práctica totalidade das explotacións agropecuarias disporán a menos de 15 minutos dun punto no que poidan realizar as xestións administrativas e recibir formación e información arredor de todo o relacionado coa súa actividade.
O titular da Xunta avanzou que esta oficina, que contará con persoal para prestar os servizos tanto administrativos como técnicos e de veterinaria, anunciará con antelación as rutas a realizar co fin de que a cidadanía coñeza onde e cando vai estar localizada en cada momento. “Nela poderanse facer todas as xestións que se desenvolven habitualmente, como os trámites da PAC, a xestión de axudas ou o acceso a cursos, en calquera das 68 oficinas agrarias comarcais repartidas por todo o territorio”. O presidente lembrou o compromiso da Xunta cun rural “competitivo, dinámico e vivo” que axude a fixar poboación e actividade. Neste sentido, lembrou que máis de 4.000 mozos se incorporaron á actividade agraria na última década.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta contempla unha nova liña de axudas para fomentar as plantacións de castiñeiros

Seguinte Nova

O pintor Pablo Galego inaugurou no Círculo Saviñao a súa primeira exposición en solitario

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio