Presentado na Exfilna Lugo 2021 un selo dedicado ao monfortino don Pedro Fernández de Castro Andrade e Portugal, VII Conde de Lemos

• Redacción- MONFORTE. Con ocasión da Exfilna Lugo 2021, foi presentado un selo dedicado ao monfortino don Pedro Fernández de Castro Andrade e Portugal, VII Conde de Lemos. A emisión reproduce un gravado contido no libro Teatro eroico, e politico de’ gouerni de’ vicere do regno dei Napoli dal tempo do re Ferdinando il Cattolico, de Domenico Antonio Parrino. O gran Conde de Lemos foi presidente do Consello de Indias, Vicerrei de Nápoles, presidente do Consello Supremo de Italia, comendador da Orde de Alcántara, embaixador extraordinario en Roma e Correo Maior do Reino de Galicia. O ilustre monfortino destacou polas súas calidades como estadista, intelectual e mecenas, protector de escritores como Lope de Vega, Góngora, Quevedo ou Miguel de Cervantes, que dedicou ao conde a segunda parte do Quixote. O selo que homenaxea ao VII Conde de Lemos forma parte da serie filatélica ‘Personaxes’, que destaca aquelas figuras relevantes na arte, as ciencias ou a historia de España. O selo emítese en formato de Prego Premium e ten un valor de 2 euros.
O Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, participou na inauguración da Exposición Filatélica Nacional -Exfilna 2021, onde fixo fincapé en que este é “un día importante para o Concello de Monforte de Lemos, pois hoxe un ilustre monfortino, Don Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos, convértese en protagonista dun selo histórico emitido por Correos de España». Tomé afirmou que, «deste xeito, cúmprese un dos meus empeños desde que cheguei á alcaldía”. Tomé Roca sinalou que “os selos de Correos recollen todo aquel patrimonio cultural, etnográfico ou histórico do que estamos orgullosos, un patrimonio que queremos dar a coñecer e conservar”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Club Natación Monforte desprazouse ata Ponteareas para disputar o XXII Trofeo Amizade

Seguinte Nova

ÉXITO DE FAIRWAY, O ÚNICO FORO DE PROFESIONAIS DO CAMIÑO DE SANTIAGO

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: