PSdeG e PP enceréllanse pola paralización do Porto Seco: O PSdeG acusa á Xunta de orzamentar os mesmos 750.000€ sen executar desde 2014

A portavoz de Infraestruturas e Transporte do Grupo Socialista, Patricia Otero, denunciou a “tomadura de pelo” do goberno galego, que leva orzamentando os mesmos 750.000 euros para os accesos ao Porto Seco de Monforte, sen executar dende a inauguración deste complexo en 2014. Otero presentou unha iniciativa na Comisión de Ordenación Territorial do Parlamento para reclamar a execución da obra pendente, pero que foi rexeitada polo PP.
Otero sinalou que o Porto Seco leva “demasiados anos estancado”, xa que “sete anos despois” da súa inauguración “non existe instalada ningunha empresa” precisamente porque carece dos accesos necesarios coa N-120 a través dun tramo de menos de 1 quilómetro. Actualmente, o único acceso é co viario Monforte – Pobra de Brollón, unha estrada “estreita e pouco axeitada” para o volume de mercadorías que deberan circular polo Porto Seco. Acusou á Xunta de ter “totalmente abandonada” unha infraestrutura que é da súa competencia e ademais ten unha enorme importancia dende o punto de vista estratéxico e económico para o eixo interior e tamén para a fachada marítima e o conxunto dunha eurorrexión na que residen 7 millóns de habitantes. Reclamoulle que “deixen de enganar ao pobo de Monforte, rematen os accesos cumprindo coa Lei e constrúan a plataforma intermodal”.•

O PP solicita ao Goberno central que desbloquee a segunda fase da conexión do Porto Seco coa N-120

O deputado Popular José Manuel Balseiro solicitou Parlamento galego ao Goberno central que “desbloquee a execución da segunda fase da conexión do Porto Seco de Monforte coa estrada N-120, de xeito que a Xunta poida executar estas obras, para as que xa ten consignada unha partida orzamentaria de 750.000 euros”.
O deputado popular lamentou que, “ata o de agora, por parte do Ministerio de Transportes todo foron paos nas rodas” para a posta en funcionamento do Porto Seco de Monforte. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A mostra “A memoria do son” chegou a Sober

Seguinte Nova

ESPECIAL XANTAR: A provincia de Lugo amosa a súa riqueza gastronómica e turística en Xantar

Últimas noticias sobre INFRAESTRUCTURAS

A %d blogueros les gusta esto: