Segue a bo ritmo a campaña de vacinación contra a gripe en Galicia

• Redacción- MONFORTE. A Xunta xa leva vacinadas a un total de 253.076 persoas contra a gripe dende o inicio da campaña de vacinación antigripal, que se iniciou o pasado 18 de outubro, e que se estenderá ata finais de decembro. Como consecuencia do carácter secuencial da campaña deste ano, a maior parte destas doses foron administradas a persoas de 65 ou máis anos, en concreto 220.622, acadando unha cobertura do 31,79%. O resto das vacinas administradas corresponden a traballadores de centros sanitarios e de residencias da terceira idade.
A cifra de persoal sanitario vacinado é de 22.130, do que 5.789 corresponden a atención primaria e 16.341 a atención hospitalaria. O número de vacinas administradas a embarazadas ata este momento é de 141.
A campaña conta cun investimento de preto de 5,3 millóns de euros que permite adquirir máis de 885.000 doses, que foron distribuídas nos máis de 900 puntos de vacinación despregados por toda Galicia.
Desde o 15 de novembro vacinarase ás persoas de 60 a 64 anos, maiores de 60 con patoloxías de risco, embarazadas, prematuros de ata 2 anos e persoal de servizos esenciais e farmacias. A partir do 29 de novembro continuarase co resto da poboación diana sen vacinar e conviventes con persoas de risco.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Museo do Ferrocarril de Galicia repón as vías da histórica rotonda ferroviaria

Seguinte Nova

VINIGALICIA CONSEGUE POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO DOUS INDICADORES ARDÁN Á EMPRESA GLOBAL E Á EMPRESA INNOVADORA

Últimas noticias sobre CORONAVIRUS

A %d blogueros les gusta esto: