Continúa en Chantada o ciclo de exposicións fotográficas FotografiArte, que organiza o Espazo Xove. Dende o 28 de outubro e ata o 19 de novembro, pode verse na sala de exposicións deste espazo a mostra «ollADA íntima», de Asun Adá.
O ciclo FotografiArte arrancou o 4 de outubro coa mostra colectiva «Inspiracións», asinada pola Asociación Fotográfica O Potiños. Logo da cita coa creatividade de Asun Adá, o remate deste ciclo fotográfico de outono virá da man de Begoña Pérez López, coa súa exposición titulada «Guinea Bissau», que estará aberta do 23 de novemro ao 17 de decembro.•
(Foto: A fotógrafa Asun Adá, na inauguración da súa exposición «ollADA íntima»).