VINIGALICIA CONSEGUE POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO DOUS INDICADORES ARDÁN Á EMPRESA GLOBAL E Á EMPRESA INNOVADORA

• Redacción – MONFORTE. Vinigalicia Familia Adegueira, situada en Chantada, vén de lograr dous indicadores Ardán 2021. Este recoñecemento chega por segundo ano consecutivo nas modalidades de Empresa Global e de Empresa Innovadora, concedidos pola Confederación Zona Franca de Vigo.
O primeiro distintivo foille outorgado polos avances en internacionalización acadados por Vinigalicia, que en 2021 xa está presente en 27 países. No que respecta ao indicador de Empresa Innovadora, o grupo adegueiro chantadino atópase en pleno cambio, implantando melloras tanto na xestión comercial como a nivel produtivo, coa tecnoloxía como foco para crecer e ser máis sostibles no futuro.
Só o 5% das empresas galegas consegue alcanzar os criterios establecidos para obter estes distintivos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Segue a bo ritmo a campaña de vacinación contra a gripe en Galicia

Seguinte Nova

BOA EVOLUCIÓN DO SECTOR VITIVINÍCOLA GALEGO TRALA EMERXENCIA SANITARIA

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss