• Redacción- MONFORTE. A Xunta de Galicia emitíu un total de 2.260.274 certificados covid. Deles, 2.178.031 foron certificados de vacinación, 51.843 foron certificados de resultado de proba diagnóstica e outros 30.400 certificados de ter superado a enfermidade. Ademais, e tras aprobarse por parte do Goberno de España a venda de autotest nas oficinas de farmacia, a Xunta de Galicia asinou, co obxectivo de evitar unha maior carga asistencial na atención primaria, un acordo cos Colexios Oficiais de Farmacéuticos de Galicia para que as oficinas de farmacia adheridas poidan acreditar a validez dos resultados destas probas e integrar os seus resultados nos rexistros do sistema público de saúde. Até o día de hoxe, as oficinas de farmacia rexistraron os resultados das probas dun total de 53.737 persoas, que permitiron localizar a 607 persoas con resultado positivo. Así mesmo, a Xunta, en colaboración coas áreas sanitarias, estivo a realizar tests de antíxenos de xeito gratuíto nos puntos situados nos diferentes distritos sanitarios. Unha vez que se pecharon estes puntos, o balance final indica que se realizaron tests a un total de 27.816 persoas, o que permitiu detectar 311 casos positivos.•
Últimas noticias sobre SAÚDE
O divulgador lucense ofrece un manual cheo de consellos prácticos para combater o agotamento físico e
El evento, moderado por Inmaculada Ramos, contará con la participación de los expresidentes de la SEMG
Desde o pasado mes de setembro, a Xunta de Galicia ampliou o calendario de vacinación para
A nova campaña de vacinación impulsada pola Xunta de Galicia, en marcha desde o 23 de
A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia anunciou a licitación da obra para a implantación