Mentres o BNG mantén as concentracións para evitar perder máis médicos, a Xunta reitera que manterá as tres prazas de facultativo de atención primaria en Pantón

• Redacción- MONFORTE.
O BNG iniciou as concentracións no Castro de Ferreira para evitar perder máis médicos despois da amortización dunha praza no 2021, mentres está pendente de ser «cuberta con algunha fórmula que descoñecemos», declara a portavoz do BNG, «a da doutora Rosa Mareque que non se pode amortizar neste 2021, pero que ninguén sabe aínda cal será o formato desa terceira praza». Pola sua banda, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias asegurou que A Consellería de Sanidade manterá as tres prazas de facultativo de Atención Primaria que ten asignadas o centro de sáude de Ferreira de Pantón, tanto na ubicación actual como nas novas instalacións que se prevé construír no municipio.
Javier Arias quixo aclarar as “falsidades e proclamas políticas que non teñen máis fundamento que o de prexudicar ao Goberno galego pero o que logran é xerar preocupación entre os veciños”.
Arias asegurou que non se vai amortizar ningunha das prazas, e que, lonxe de empeorar, están previstas melloras na atención sanitaria no municipio. Ao respecto, engadiu que o Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria anunciado hai un mes polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feióo, inclúe na primeira fase de desenvolvemento o novo centro de saúde desta localidade, adaptado aos estándares técnicos e para harmonizar os criterios arquitectónicos, de equipamento e medioambientais, entre outros. E engadiu que “esta nova infraestrutura aumentará o espazo para técnicas e cirurxía menor e resolverá os problemas de accesibilidade que ten o actual centro». •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Galicia supera os 2’2 millóns de certificados covid emitidos

Seguinte Nova

Feijóo defende o Foro de Santiago como exemplo da política útil para consensuar o financiamento autonómico

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: