O Concello de Monforte ten en marcha unha campaña porta a porta para fomentar a reciclaxe

Cartel promocional da campaña informativa sobre reciclaxe e separación de residuos en orixe que ten en marcha o Concello de Monforte de Lemos. GPCM

• R.- MONFORTE. O 29 de novembro, deu comezo en Monforte a campaña de información sobre a reciclaxe de residuos domésticos, dirixida á veciñanza das parroquias e do centro urbano, organizada polas Concellerías de Medio Ambiente e Servizos do Concello. Baixo o lema «Usa os colectores de cores: si ti separas, nós reciclamos», a campaña ten como obxectivo informar aos veciños e comerciantes da cidade sobre as claves para levar a cabo unha axeitada reciclaxe dos residuos que xeran nos seus fogares, segundo explicou o alcalde, José Tomé.

VISITAS INFORMATIVAS ATA O 24 DE DECEMBRO
A campaña, que se prolongará ata o 24 de decembro, terá como novidade que levará a información directamente ó cidadán. Tomé salientou que o Concello vai desenvolver unha campaña informativa «porta por porta», a cargo dunha persoa especializada en medio ambiente que realizará visitas domiciliarias, abarcando o conxunto da cidade, incluíndo o núcleo urbano e as diferentes parroquias do municipio.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Novas proxeccións dentro do ciclo de cine que organiza a Escola de Idiomas de Monforte

Seguinte Nova

Volven as restricións á hostalaría para garantir a seguridade sanitaria ante o aumento dos contaxios de Covid

Últimas noticias sobre MEDIO AMBIENTE

Ir aInicio

Don't Miss