Volven as restricións á hostalaría para garantir a seguridade sanitaria ante o aumento dos contaxios de Covid

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, reunidos con representantes do sector. GCXG

• Redacción- MONFORTE. A Xunta e os hostaleiros acordaron solicitar o certificado covid -tanto de vacinación como de recuperación da enfermidade ou proba negativa- para acceder aos locais do sector co obxectivo de garantir a seguridade sanitaria debido ao aumento dos contaxios nas últimas semanas pero causando o mínimo prexuízo posible ao sector. Deberá presentarse o certificado nos restaurantes durante todo o seu horario de apertura e nos bares e cafetarías a partir das 21,00 horas. Con esta medida, que xa se está a empregar no ocio nocturno e nos albergues de peregrinos, así como nas visitas aos hospitais, preténdese garantir a seguridade sanitaria para que se poidan manter os horarios e a capacidade máxima do 100% actuais no sector hostaleiro.
Tamén se acordaron outras medidas coas que garantir unha hostalería segura con axustes no número de persoas por mesa ou agrupacións de mesas cun máximo de 8 persoas no interior e 15 no exterior, fronte ás 10 no interior e os 20 das terrazas vixentes ata agora. Debido ás circunstancias actuais desde o punto de vista sanitario ante a covid co repunte da incidencia, faise necesario compatibilizar a seguridade sanitaria co mantemento da actividade.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello de Monforte ten en marcha unha campaña porta a porta para fomentar a reciclaxe

Seguinte Nova

Galicia supera os 2’2 millóns de certificados covid emitidos

Últimas noticias sobre SAÚDE

Ir aInicio

Don't Miss