O Club de Lectura de profesores do IES A Pinguela, que coordina a profesora de de Lingua Galega e Literatura Olga Novo, Premio Nacional de Poesía 2020, recibiu a visita da tamén poestisa Yolanda Castaño. A polifacética autora falou do seu traballo cos membros do Club de Lectura, e tamén os fixo partícipes das dificultades que supón nestes tempos vivir dunha paixón como é a Poesía o que a obriga a compatibilizar a tarefa creativa con outros traballos como os de conferenciante, articulista, guionista ou comisaria de Mostras de Arte.Desde fai máis dun lustro dirixe na Coruña o ciclo Poetas Di(n)versos, foro no que creadores galegos e de todo o mundo recitan os seus textos e coordina un Taller Internacional de Tradución Poética cada outono na illa de San Simón.•
Últimas noticias sobre CULTURA
Con este título, a fotógrafa e veterinaria Tamara Lebón, mostra na Casa de Cultura Lois Pereiro
A Antiga Prisión Preventiva de Sarria, hoxe sede da Oficina Municipal de Turismo, abriu as súas
Adrián Enríquez presentou o seu libro ‘Despertar en la oscuridad’ en Bóveda este sábado, nun evento
Terán lugar os días 6 e 7 de maio, e supoñen un punto de encontro entre