A Apalpadora chega á nosa comarca, da man da Vicepresidencia da Deputación de Lugo

Unha das visitas da Apalpadora no Nadal pasado. GPVDL.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo ten en marcha un programa de visitas da Apalpadora a distintos concellos, co obxectivo de promover a presenza de tradicións propias na representación do Nadal.
A narradora Antía Vázquez, acompañada polo músico André Espiñeira, será a encargada de presentar ás crianzas esta personaxe e as lendas e ritos que a rodean.
A Apalpadora visitará os concellos de Sarria (AC Os Gorriós, ás 16:30 horas, no Colexio de Loseiro), O Saviñao (Anpa CPI DR. López Suárez, ás 17 horas no Auditorio Municipal de Escairón), e Pantón (Anpa Ceip Monte Baliño, ás 20 horas
na Casa da Cultura). A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, sinalou que “con esta programación seguimos contribuíndo á dinamización cultural en distintas concellos”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os Concellos afectados polo encoro de Belesar preocupados polas petensións da CHMS

Seguinte Nova

Chantada loce a súa orixinal decoración de Nadal

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: