A Ribeira Sacra suma esforzos para ser Patrimonio Mundial da Humanidade

• O Foro Territorios Patrimonio 2021 reuniu en Pantón a expertos vinculados á preservación do territorio

FORO TERRITORIOS PATRIMONIO EN EL HOTEL BALNEARIO DE AUGAS SANTAS. ASISTIO EL CONSELLEIRO DE CULTURA ROMAN RODRIGUEZ

• Redacción- MONFORTE.
A quinta edición do Foro Territorios Patrimonio 2021 – Ribeira Sacra, reuniu ás voces máis interesantes en cuestións como patrimonio, turismo sustentable e futuro vitivinícola. Desenvolveuse un amplo programa de conferencias, mesas redondas e actividades que centráronse nos retos e oportunidades deste territorio, así como na estratexia na que traballa a Xunta de Galicia para acadar o máximo recoñecemento da Unesco como Patrimonio Mundial. O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez repasou os plans do Goberno galego para impulsar a candidatura dunha comarca que é “un dos grandes tesouros que posúe Galicia”. “Son moitos os esforzos que temos levado a cabo para enxalzar este enclave e este traballo debe ser un orgullo para os concellos que forman este territorio e para toda Galicia”.
Pola súa banda, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou o compromiso da Xunta coa calidade e a sustentabilidade turística, fíos conductores do modelo futuro do turismo galego no que o a Xunta traballa co sector no marco do Plan Director 2021-2023 Galicia Destino Seguro. A Ribeira Sacra foi un dos beneficiarios dos Plans de Sustentabilidade aprobados polo Estado o ano pasado, que contou cun investimento da Xunta de 850.000 euros co obxectivo de posibilitar a creación de novos produtos e na consolidación da Ribeira Sacra como destino turístico.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

FÚTBOL: A SD Sarriana cae na súa visita a As Pontes, e Club Lemos e At. Escairón, sofren severas goleadas fronte a Betanzos e San Tirso.

Seguinte Nova

Os Concellos afectados polo encoro de Belesar preocupados polas petensións da CHMS

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: