A SD Sarriana rompe a boa racha do Club Lemos, e remata o ano coomo lider

Moita expectación durante a previa do encontro que enfrontaba a dous dos equipos máis en forma da categoría, SD Sarriana e Club Lemos, que ademais da tradicional rivalidade esta tempada están empolicados nos postos nobres da clasificación pelexando polo ascenso de categoría. E esa expectación reflectiuse na magnífica entrada na Ribela, con maioría de afeccionados locais na bancada, que así respondían á chamada dos seus xogadores e directivos durante toda a semana, pero na que tamén se deixaron notar numerosos monfortinos. O partido non foi todo o bo que cabía esperar, a presión e as baixas importantes é ambos os equipos deixáronse notar. Non houbo un dominador claro e as ocasións de gol escasearon. E nese contexto a calidade sempre marca as diferenzas. E esta chegou da man de Diego Torres nun remate de cabeza totalmente libre de marca cando aínda non se cumpriu o cuarto de hora de partido. Non foi capaz o Lemos, a pesar de que dominou durante o segundo tempo de darlle a volta ao partido. Os sarriáns pechan o ano como líderes da categoría mentres o Lemos baixa á cuarta praza, empatado a puntos co Betanzos pero cun partido menos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Pazo de Tor, unha opotunidade para visitalo aproveitando a súa programación de Nadal

Seguinte Nova

O incremento do número de casos de Covid fai pensar en novas restricións durante o Nadal

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss