A Valedora do Pobo insta á Consellería de Medio Rural para que Inicie o procedemento sancionador, por incumplimento de funcions, contra o Presidente do CRDO Ribeira Sacra por non convocar pleno de mocion de censura

Imaxe de MARÍA DOLORES FERNÁNDEZ GALIÑO, Valedora do Pobo de Galicia. GPVP.

Un paso máis se produciu no conflito que manteñen aberto desde hai meses sete vocais do CRDO Ribeira Sacra co seu presidente, tras a resolución da Valedora do Pobo relativo ao escrito de queixa ante a inacción da Consellería do Medio Rural por o incumprimento de funcións por parte do presidente do Consello Regulador RIBEIRA SACRA ao non convocar un pleno de moción de censura legalmente solicitado. Segundo a devandita resolución, a Consellería de Medio Rural confirma os feitos sinalados, polo que considera a Valedora que a Consellería tiña que aplicar ante este incumprimento o artigo 21 da Lei 2/2005, do 18 de
febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega. Indica o citado articulo que as sancións para incumprimentos graves leva aparexado a suspensión das súas funcións o presidente de D.O. Ribeira Sacra por un período de entre tres e seis meses ou a súa suspensión definitiva.
Recórdalle a Valedora do Pobo á consellería de Medio Rural que no prazo dun mes lle comunique as medidas adoptadas para darlle efectividade as súas conclusións, tendo en conta “Que con urxencia se avalíe a aplicación das consecuencias xurídicas previstas na Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, para os incumprimentos dun órgano de goberno do CR, neste caso o presidente, de obrigas que lle incumbían, despois de que o apercibimento da consellería non fora atendido”.
Queda por ver agora cal será o seguinte capítulo dun conflito que leva demasiado tempo aberto, e para o que urxe unha rápida solución, aínda que non parece que esta poida chegar a curto prazo. Non hai máis que ver outra fronte aberta recentemente co censo de adegueiros e viticultores e a súa representatividade, ante as futuras eleccións do próximo ano.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte enche de iluminación de Nadal as rúas monfortinas mentras o PP critica“a cativa” programación do Concello para as datas festivas

Seguinte Nova

CHARLA E CATA NA POBRA DO BROLLÓN: Paloma Rodríguez e Xosé Moure falaron sobre a renovación de Abadía da Cova

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss