A Xunta mellorará o viario entre o Balneario e a Praza de Augas Santas en Pantón, cunha inversión de preto de 100.000 euros.

Imaxe aerea da zona onde se levarán a cabo os traballos de mellora do viario, entre o Balneario de Augas Santas coa Praza do mesmo nome no Concello de Pantón. GCXG.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda adxudicou por case 100.000 euros as obras para humanizar e mellorar o estado actual do viario que conecta o balneario de Augas Santas coa praza que leva o mesmo nome no concello de Pantón.
O prazo de execución previsto é de dous meses, polo que no vindeiro ano este punto da Ribeira Sacra lucirá un aspecto mellorado, ao tempo que se mellorará a accesibilidade e conectividade, tanto rodada como peonil.
Grazas a estes traballos tamén se mellorará a infraestrutura para recoller as augas pluviais, ademais de definirse un muro para delimitar o paseo, colocarse a iluminación na totalidade do viario e instalarse nova sinalización. Cómpre salientar que o contrato estaba reservado a unha empresa de inserción laboral e neste caso foi Properdis a que resultou adxudicataria. A Xunta leva unha década colaborando coas entidades locais a través do chamado Plan Hurbe na execución de intervencións e proxectos urbanísticos como o que propón que contribúan a crear, mellorar ou humanizar equipamentos de uso común e colectivo. Esta liña de traballo manterase en 2022 grazas a que a Consellería de Medio Ambiente habilitou unha partida orzamentaria de 7 millóns de euros, co fin de contribuír a dinamizar as vilas galegas e a mellorar a calidade de vida dos seus veciños.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Deputación de Lugo e Concello de Pantón firman o protocolo para construír o Centro de Atención a Maiores

Seguinte Nova

Formación aberta ‘Aula Mentor’ no Concello de Sober

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: