




O Concello de Quiroga, propón para o Nadal un amplo programa con numerosas e variadas actividades lúdicas, deportivas e culturais coa finalidade de ofrecer á veciñanza unha ampla oferta para cubrir o seu tempo de ocio e lecer, sempre atendendo ás recomendacións e limitacións que a evolución da pandemia poida esixir.
Entre todas as actividades aquelas que se organizan para os máis pequenos teñen un apartado destacado: Certames de poesía e concurso de postais de Nadal, pista de xeo e inchables, o curso de cociña MiniChef, a Ludoteca de Nadal e a actividade de animación Cancións de animais para nenos case normais a cargo da Compañía Solitaria do Dr Monifate.
Específico para os máis maiores están as actividades que se desenvolven no Centro Social para a Terceira Idade: un campionato de Tute, Bingos de Nadal e unha cea de Nadal con música en directo.
Os máis deportistas poderán participar no Torneo de Fútbol Sala ou despedir o ano coa xa tradicional carreira – andaina solidaria de San Silvestres que se organiza o día 31.
No programa había tamén teatro, ainda que a representación protagonizada por Emma Ozores e Rubén Torres, “ El último que apague la luz” tivo que ser aprazada; a obra “Borralliña”, a cargo do grupo de teatro Palimoquiño, e o concerto de Manoele da Felisa (contando coa Secretaría Xeral de Política Lingüística)..
Por suposto non faltarán as tradicionais visitas máis agardadas destas datas: a de Papá Noel o día 23 e a dos Reis Magos do día 5 de xaneiro.•