A Deputación de Lugo colabora un ano máis cos premios Son Muller, organizados pola Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo (AELU). O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este xoves na presentación da cuarta edición destes galardóns, que “visibilizan e recoñecen o talento e o traballo que fai medrar á provincia de Lugo, especialmente o rural”. As empresarias e emprendedoras lucenses interesadas en participar poden inscribirse ata o 25 de decembro. Ainformación sobre o certame atópanse en www.empresariaslugo.org ou no 982.22.69.91. Estes premios están destinados a emprendedoras e empresarias lucenses, que teñan o seu domicilio social e fiscal como empresa na provincia. •