Cribado da covid-19 en Chantada para detectar casos asintomáticos e previr contaxios

• A comarca de Chantada ten unha incidencia superior a 500 casos por 100.000 habitantes

Imaxe do cribado Covid levado a cabo en Chantada pola alta incidencia na comarca. GCXG.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, acompañado polo xerente da área sanitaria, Ramón Ares, asistiu ao cribado organizado pola Consellería de Sanidade en Chantada o pasado venres co fin de detectar posibles casos asintomáticos da covid-19 e previr contaxios.
Arias apuntou que neste momento a Zona Sur ten a incidencia máis alta da provincia, con máis de 500 casos por 100.000 habitantes; mentres que na zona centro é de 220 e na comarca da Mariña ronda os 100.
Tamén salientou a boa resposta da cidadanía, que acudiu ao recinto gandeiro de Chantada desde primeira hora da mañá para realizar a PCR. O Sergas convocou a toda a veciñanza a acudir voluntariamente e seguirá tomando mostras pola tarde. Tamén se desprazaron ata o lugar onde se están a realizar as probas os alcaldes de Chantada, O Saviñao, Carballedo e Taboada.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O incremento do número de casos de Covid fai pensar en novas restricións durante o Nadal

Seguinte Nova

NATACIÓN:Medalla de Bronce para Pablo Valcarce no Campionato Provincial

Últimas noticias sobre SAÚDE

Ir aInicio

Don't Miss