Deputación de Lugo e Concello de Pantón firman o protocolo para construír o Centro de Atención a Maiores

Infografía do Centro de Maiores proxectado para Pantón, e da firma do protocolo para a súa construcción entre a Deputación e o Concello de Pantón. GCDL.

O pasado mes de xuño, o Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, presentou xunto ao Alcalde de Pantón, José Luis Álvarez Blanco, o proxecto do Centro de Atención a Maiores que a institución provincial proxectaba construir no concello da Ribeira Sacra nun acto aberto ao público que tivo lugar na Casa da Cultura de Pantón. Entón o Presidente da Deputación comprometíase a ter asinado o correspondente convenio antes de finalizar o ano.

COMPROMISO
CUMPRIDO
E a pasada semana, cumpliuse o compromiiso adquirdo, coa firma xunto co Alcalde de Pantón do correspondente protocolo, para levar a cabo a devandita construción. José Tomé, quixo así acabar con toda as dúbidas manifestadas pola oposición respecto a a vontade da Deputación de realmente levar cabo este proxecto Esta residencia, terá capacidade para entre 30 e 39 prazas, distribuídas en 18 habitacións dobres e 4 individuais, máis 3 prazas en enfermaría. Ofrecerá un servizo público asistencial de calidade e personalizado aos maiores, favorecendo o seu arraigo, ademais de crear emprego sostible no rural, contribuirá a fixar poboación e suporá un importante revulsivo económico para o Concello de Pantón. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O BNG URXE Á XUNTA A REMATAR A RECUPERACIÓN DOS TERREOS QUEIMADOS POLO LUME EN RIBAS DE SIL, QUIROGA E POBRA DO BROLLÓN

Seguinte Nova

A Xunta mellorará o viario entre o Balneario e a Praza de Augas Santas en Pantón, cunha inversión de preto de 100.000 euros.

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: