Formación aberta ‘Aula Mentor’ no Concello de Sober

O equipo da Aula Mentor de Sober formado polo AEDL Carlos Losada, a orientadora laboral Beatriz Vivirido e a técnica de informática Rocío Fernández GPCS.

O Concello de Sober vén de subscribir un convenio co Ministerio de Educación e Formación Profesional para o desenvolvemento do programa de formación aberta ‘Aula Mentor’.
Con este acordo preténdese promover ofertas de aprendizaxe flexibles que permitan a adquisición de competencias básicas e, no seu caso, as correspondentes titulacións, a aqueles mozos e adultos que abandonaron o sistema educativo sen ningunha titulación.
Concíbese como un mecanismo para achegar á poboación e con especial atención a aquela cuxa residencia se atopa afastada dos grandes núcleos urbanos, dunha oferta formativa, cultural e de difusión das tecnoloxías da información e a comunicación.
Entre os seus acenos de identidade destaca o seu carácter aberto, dado que non existen requisitos de acceso e proporciona unha oferta formativa de carácter non formal que se adapta ás necesidades da poboación adulta.
A aula de informática e novas tecnoloxías do Concello de Sober porase a disposición dos interesados co obxecto de dar un apoio persoal, configurándose como un centro de recursos e de socialización que permitirá, á súa vez, realizar a proba de avaliación, presencial e final, para certificar o aproveitamento dos cursos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta mellorará o viario entre o Balneario e a Praza de Augas Santas en Pantón, cunha inversión de preto de 100.000 euros.

Seguinte Nova

Nova campaña arqueolóxica no ‘hórreum’ romano do xacemento de Proendos

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

Ir aInicio

Don't Miss