
Miguel Martínez adquire a condición de funcionario de carreira da escala executiva da Policía Local, na categoría de Inspector, subgrupo A2, na escala de administración especial para o que foi nomeado por Decreto de Alcaldía do 10 de decembro de 2021.
Miguel Martínez superou o concurso-oposición así como o curso de capacitación na Academia Galega de Seguridade Pública. O Alcalde aproveitou tamén este acto para departir co novo Inspector responsable da Policía Local sobre diversos aspectos relacionados coas súas funcións na cidade e no conxunto do Concello.•