Monforte enche de iluminación de Nadal as rúas monfortinas mentras o PP critica“a cativa” programación do Concello para as datas festivas

FOTO PILI CHAOS

O prezo da electricidade non é obstáculo para que as rúas de Monforte énchanse de luz este Nadal. O Concello aumentou o investimento no alumeado de Nadal 2021 pasando de 28.000€ en 2020, a 50.000€ en 2021, sendo a maior inversión en alumeado de Nadal na historia de Monforte. José Tomé Roca, alcalde de Monforte, resalta que “dende o Concello potenciamos o alumeado de Nadal para impulsar o comercio e a hostalería, que son piares básicos da nosa economía. Para elo, superamos as 50.000 luces neste Nadal, pasando de 32.000 a máis de 50.000, é dicir, case 20.000 máis que en 2020, para dinamizar o Nadal da nova normalidade”. Monforte tivo tamén o seu acendido oficial, que contou coa participación do propio alcalde, acompañado pola Primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o Concelleiro de Servizos, José Luís Losada, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, a Concelleira de Consumo, Regina López, o concelleiro de de Tecnoloxía e Innovación, Guillermo Díaz e o Concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Tomé. O acendido oficial tivo lugar na Praza de España, diante dun novidoso cono de 14 metros de alto a modo de árbore de Nadal co que, en verbas do Alcalde “queremos transmitir unha nova esperanza, para que a xente poida facerse fotos no seu interior e para inxectar ilusión e alegría nas persoas que viven ou que visitan Monforte”. A idea é contribuír a crear un ambiente do Nadal que contribúa a que a xente salga á rúa, e goce do comercio e a hostalería local, nun intento de ir recuperando a normalidade agora de novo ameazada pola variante covid omicron.•

A pandemia condiciona a programación do Nadal do Concello de Monforte

FOTO PILI CHAOS

A pandemia non impedirá que se celebren actividades como o certame de poesía infantil “Nadal 2021″, Concurso de Beléns para os centros educativos de Monforte, concertos da Sociedad Filarmónica de Monforte e da Coral Polifónica os 21 e 22 de decembro, ás 20:30 e 20:15, no Multiusos. O Apalpador visitará as rúas da cidade e a zona dos mercados-Praza de Abastos durante a mañá do xoves,24. Haberá Teatro de Marionetas o 28 ás 18:00 tamén no Multiusos. 17:00 horas. O 5 de xaneiro terá lugar a cabalgata de Reis. •

O PP DE MONFORTE CRITICA “A CATIVA” PROGRAMACIÓN DO CONCELLO PARA AS DATAS FESTIVAS

A voceira do Grupo Municipal do Partido Popular, Katy Varela, afea a Tomé “a cativa” programación do Concello para estas datas. Tal é así que indica: “Se non fose polo CCU, en Monforte non teriamos actividades de Nadal”. “Os populares botamos de menos máis actividades e, sobre todo, máis iniciativas interactivas cos veciños e as veciñas”, afirma. Dende o PP indican que son moitos os veciños que se queixaron a este respecto, sobre todo, pola falta de accións dirixidas aos máis pequenos, en comparación cos municipios limítrofes, como o de Sober, que teñen menos poboación e, por tanto, menos presuposto para este fin. “Acontece o mesmo que no verán. O equipo de goberno demostra así unha falta de creatividade sen actividades e unha escasa programación cultural para estas datas. A Covid non é escusa, pois aínda cando é necesario extremar as precaucións, certos actos poden levarse a cabo”, insiste. Por este motivo, Katy Varela manifesta que “non podemos entender como o alcalde presume de inversión de luces e logo non ten actividades”. Incluso, advirte, “a iluminación ata podería mellorarse, sendo esta tamén máis interactiva como acontece con outros lugares como Allariz ou Mondoñedo”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

MOTOR: Eduardo Iglesias, único motorista galego e monfortino que participa, por terceiro ano consecutivo no rally Dakar

Seguinte Nova

A Valedora do Pobo insta á Consellería de Medio Rural para que Inicie o procedemento sancionador, por incumplimento de funcions, contra o Presidente do CRDO Ribeira Sacra por non convocar pleno de mocion de censura

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: