MONFORTE PRESIDIRÁ EN 2023 A RED DE JUDERÍAS, E ACOLLERÁ A SUA ASEMBLEA ANUAL

Participantes en León na 58ª Asemblea da Red de Juderías de España. FOTO RED JUDERÍAS DE ESPAÑA.

Tras 18 meses desde a última celebración presencial debido ás restricións da pandemia, o mércores 15 de decembro celebrouse na cidade de León a 58ª Asemblea Xeral da Rede de Xuderías de España coa presenza de Alcaldes e Concelleiros de 19 das 21 cidades que compoñen a Asociación, e cuxo obxectivo é o de actuar de forma conxunta en defensa do seu patrimonio xudeu. A Asemblea contou coa participación do Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e a 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada. Durante a xornada, celebrada no Parador Nacional de San Marcos, ademais de facer un repaso ás accións que se levaron a cabo ao longo de 2021 nas súas principais áreas de actuación en Turismo, Educación e Comunicación, e prestando especial atención ao seu labor institucional, aprobouse o Orzamento para o exercicio 2022. Durante a celebración da Asemblea Xeral, tivo lugar un encontro telemático con D. Pedro Saura, Presidente de Paradores, para formalizar a firma dun acordo de colaboración que permitirá establecer futuras sinerxias entre ambas as institucións, dado que 11 cidades da Rede de Xuderías contan cun Parador Nacional. A alta participación nesta Asemblea, na que acudiron 19 das 21 cidades integrantes da Rede e pertencentes a 9 Comunidades Autónomas, pon de manifesto o interese crecente que supoñen para estas cidades as diferentes propostas articuladas desde a Rede en torno á revalorización do patrimonio sefardí. Finalmente, está previsto que a cidade de Monforte presida en 2023 a Red de Juderías, e que polo tanto a cidade acolla a celebración da súa Asemblea anual, xa que esta presidencia establécese por orde alfabética das cidades membro: se León asumiu a presidencia en 2021, en 2022 será a quenda de Lucena, e en 2023, Monforte de Lemos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

●●●[cultura – poesía – monforte] YOLANDA CASTAÑO ASISTE AO CLUB DE LECTURA DE PROFESORES DO IES A PINGUELA DE MONFORTE.

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: